ESCOLAS QUE SABEN que a compra pública de alimentos
Cada día, millóns de nenas e nenos comen en comedores escolares. E, cada día, cos nosos impostos mércase comida que deu a volta ao mundo antes de chegar á mesa. (…) O resultado? Diñeiro público que alimenta as grandes distribuidoras, mentres o campo de aquí nin sequera pode competir. Os requisitos que pon a Administración para elixir a quen mercar favorecen a quen máis ten, non a quen o fai mellor. Son decisións políticas. E poden cambiar.
Existen xa escolas que saben que se pode facer doutro xeito. Escolas que demostran cada día que mercar produtos frescos, de proximidade e de tempada elimina intermediarios e reduce custos e inxustizas. Queremos que as escolas que saben deixen de ser a excepción e pasen a ser a norma. Que o que pagamos non financie a explotación laboral ou a devastación ambiental, nin aquí nin noutros países.Queremos que las escuelas que saben dejen de ser la excepción y pasen a ser la norma. Que lo que pagamos no financie la explotación laboral o la devastación ambiental, ni aquí ni en otros países.
En abril de 2026 entra en vigor un novo decreto sobre comedores escolares que, aínda que recoñece o dereito a unha compra pública sostible, queda curto á hora de garantilo. A compra pública alimentaria nas escolas debe cambiar para que deixe de favorecer a quen domina o mercado e favoreza a saúde das nenas e dos nenos.
ACTÚA
Traballas nunha escola
- Solicita información ao equipo directivo, ao teu claustro, ao xefe de estudos… sobre os provedores actuais do comedor. De onde vén a comida? Que empresa o xestiona? Con que criterios se contrata?
- Fai que o comedor forme parte do proxecto educativo do teu centro. A alimentación é transversal! É saúde, economía, cultura e medio ambiente. Introduce a temática da alimentación sostible na aula e fala do tema co teu alumnado.
- Contáctanos. Despois de facelo, contacta connosco en comunicacion@cerai.org e cóntanos o teu caso. Acompañarémoste para lograr un cambio, darémosche materiais e contarémosche experiencias doutros centros.
- Asina o manifesto de Escolas que saben e compárteo co claustro ou o consello escolar para asinalo tamén como escola. Cada sinatura suma forzas para apremar a Administración pública.
- Comparte a campaña co profesorado, coas familias e nas redes sociais, e subscríbete para recibir información de Escolas que saben.
Tes fillos e fillas
- Pregunta na próxima reunión da túa AFA e infórmate do menú do comedor escolar: De onde vén a comida? Que empresa o xestiona? Con que criterios se contrata?
- Involúcrate na selección de empresa do comedor para que inclúa criterios como o aumento de alimentos de tempada, de proximidade e ecolóxicos.
- Contáctanos. Despois de facelo, contacta connosco en comunicacion@cerai.org e cóntanos o teu caso. Acompañarémoste para lograr un cambio, darémosche materiais e contarémosche experiencias doutros centros.
- Propón asinar o manifesto de Escolas que saben como AFA e como escola. Cada sinatura suma forzas para apremar a Administración pública.
- Comparte a campaña co profesorado, coas familias e nas redes sociais, e subscríbete para recibir información de Escolas que saben.
Produces alimentos
- Infórmate sobre como se están a contratar os comedores no teu territorio. Hai lotes ou criterios de adxudicación que permitan que participen pequenos/as produtores/as? Hai criterios de sostibilidade? Pódese concorrer de forma agrupada?
- Fala co teu sindicato, asociación ou cooperativa e pídelle que se informe e che indique os requisitos de contratación que teñen os comedores no teu territorio. Poderían cumprilos?
- Explora opcións para cooperar. Hai proxectos que xa o están a facer: centros de provisión, agrupacións de produtores/as, alianzas con outras entidades do territorio…
- Contáctanos. Se atopas barreiras que dificultan o acceso de produtores/as locais, compárteas connosco. Identificar estes obstáculos é fundamental para mellorar os requisitos de contratación (pregos) e facelos máis xustos. Contacta connosco en comunicacion@cerai.org e cóntanos o teu caso. Acompañarémoste para lograr un cambio.
- Contacta coa túa organización agraria ou cooperativa para sumarte ao manifesto de Escolas que saben. Cada sinatura suma forzas para apremar a Administración pública. Se non estás agrupado/a, asina de forma individual.
- Comparte a campaña con outros produtores e alianzas, e nas redes sociais. Subscríbete para recibir información de Escolas que saben.
Traballas na Administración pública
- Revisa a normativa (pregos) de contratación de comedores no teu ámbito. Inclúen criterios de proximidade e debida dilixencia? Podes impulsar ou falar con alguén para avanzar neste tema na túa administración? Se non sabes con quen, escríbenos e asesorámoste. Contacta connosco en comunicacion@cerai.org e cóntanos o teu caso. Acompañarémoste para lograr un cambio.
- Pregúntanos se temos previstos cursos de formación para persoal técnico da Administración a fin de redactar pregos cun enfoque de sostibilidade.
- Infórmate da normativa e propón melloras. En abril de 2026 entra en vigor o Real decreto de comedores escolares sostibles en España; aproveita a marxe que che dá esta normativa para impulsar un modelo de comedor coherente cos obxectivos de saúde pública, desenvolvemento rural e sostibilidade. O cambio depende de decisións administrativas concretas. Se precisas argumentos técnicos, exemplos doutros territorios ou apoio para reforzar a proposta, podemos contarche experiencias e darche materiais.
Formas parte dunha organización
- Revisa se a túa organización ten unha posición sobre a compra pública alimentaria. De non ser así, propono.
- Se a túa organización traballa baixo os principios da agroecoloxía, identifica comedores escolares do teu territorio que poderían abastecerse da agricultura familiar e campesiña da túa rede.
- Asina o manifesto de Escolas que saben como organización e compárteo nas túas redes. amén o podes asinar de xeito individual: cada sinatura suma forzas para apremar a Administración pública.
Estás ligado/a a un sindicato
- Inclúe a compra pública alimentaria na axenda sindical. Hai delegados/as en empresas de restauración colectiva escolar?
- Asina o manifesto de Escolas que saben como sindicato e busca alianzas con organizacións agrarias. Asínao tamén individualmente: cada sinatura suma forzas para apremar a Administración pública.
- Comparte a campaña nas redes sociais e subscríbete para recibir información de Escolas que saben.
Tes unha empresa de restauración
- Revisa a túa cadea de subministración. Cumpres os criterios de debida dilixencia? Poderías facelo? Coñeces a normativa vixente?
- Adáptate á normativa. Se formas parte dunha empresa de restauración adxudicataria ou aspiras a selo, o futuro do comedor escolar non se medirá só en custos, senón tamén en calidade alimentaria, impacto social e sostibilidade. Adaptar a cadea de subministración e colaborar con produtores locais é unha esixencia normativa e unha oportunidade de diferenciación.
- Pronúnciate publicamente a favor de licitacións que premien a calidade.
- Asina o manifesto de Escolas que saben como organización e compárteo nas túas redes. Tamén o podes asinar de xeito individual: cada sinatura suma forzas para apremar a Administración pública.
- Comparte a campaña nas redes sociais e subscríbete para recibir información de Escolas que saben.
Es periodista ou creador/a de contido
- Publica un artigo. Aproveita a entrada en vigor do Real decreto de comedores escolares sostibles para publicar un artigo ou difundir unha historia de éxito. Se che fai falta información, escríbenos a comunicacion@cerai.org
- Cubre as accións de Escolas que saben, a alianza por unha compra pública sostible e xusta nos comedores escolares: publicaremos unha investigación sobre a exportación de alimentos e un manual xurídico sobre contratación pública alimentaria, e formaremos parte do Foro de Compra Pública Alimentaria: retos e oportunidades para a agricultura familiar (1, 2 e 3 de outubro de 2026 en Valencia).
- Crea contido para as redes sociais sobre a compra pública alimentaria xusta e responsable.
- Usa os materiais de campaña e o cancelo #escolasquesaben.
- Asina o manifesto de Escolas que saben. Cada sinatura suma forzas para apremar a Administración pública.
RECURSOS
ABRIMOS EL MELÓN
Investigación do impacto das perdas alimentarias no Senegal na produción de cultivos para a exportación ao norte global
Escolas que saben
Feito de xeito participativo con nenas e nenos
MANUAL XURÍDICO
Manual ¡de contratación de compra pública alimentaria Dispoñible moi pronto.
OBRADOIRO PARA ESCOLAS
Para facer con nenos e nenas de 6 a 10 anos
DOCUMENTACIÓN DE PRENSA
ABRIMOS EL MELÓN
Vídeo pedagóxico para profesorado e familias
PRENSA
LAS PROVINCIAS | Comer después de la DANA
Veus per la DANA | Quan tot falla, la terra respon. Talk de Sarai Farriñas






